Muévete por la igualdad. Es de justicia Página de inicio | Contacto © Ayuda en Acción

¿Por qué? Objetivos Participación política de las mujeres Economía de los cuidados Quiénes somos Documentación
Informes Materiales educativos Artículos Materiales de difusión Te recomendamos Noticias Muévete Ventanas de Mujeres Marco Internacional de Derechos Humanos de las Mujeres
Objetivos Beijing
ÚNETE
  Para informarte sobre las novedades de la campaña:  
 
Nombre

  Provincia
  Email
 
 


Modificar datos
Cancelar suscripción
Protección de Datos



Noticias

Castellano | Galego

O profesorado de Galicia fórmase e comprométese da man da campaña "Móvete pola Igualdade".

Desde o pasado mes de abril, e ao longo dos vindeiros dous anos, os Centros de Formación e Recursos de Galicia converteranse en aliados da campaña "Móvete pola Igualdade" acollendo a realización de Obradoiros de Introdución á Educación para a Igualdade de Xénero.

Esta iniciativa de colaboración foi posible grazas ao bo entendemento co CFR de Vigo e a Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Xunta de Galicia, e ao interese de ambos pola campaña.

O quefacer formativo da campaña comezou polo CFR de Vigo, no que tivo lugar o primeiro taller de 9 horas, os días 14, 15 e 16 de Abril de 2008. Para a ocasión, púidose contar como formadoras con Alicia de Blas, de InteRed, e con Maljorys del Carmen Peña Sánchez, representante do Centro Cultural Poveda da República Dominicana, que, grazas á colaboración da Xunta de Galicia, visitaba neses días a comunidade para realizar un intercambio educativo co profesorado dos centros galegos.

A finalidade destes talleres é promover unha educación non sexista, que faga visible a importancia da equidade de xénero no desenvolvemento, e que fortaleza as organizacións sociais e institucións educativas.

A través desta primeira formación, o profesorado confirmou a necesidade de incorporar o enfoque de xénero nos procesos socio educativos da escola, como factor clave para o desenvolvemento dunha práctica que promova cambios significativos nos procesos de socialización do alumnado, unha práctica que xere novas formas de relacionarnos mulleres e homes, unha práctica non discriminatoria que rompa con todos os estereotipos e prexuízos sexistas, que cuestione os modelos tradicionais, que posibilite a construción de estratexias para facer posible a prevalencia da equidade, a tolerancia e a xustiza social.

A próxima acción de formación terá lugar en Tomiño (Pontevedra) o vindeiro mes de Novembro.





  Cofinanciado por
Ayuda en Acción [logotipo]Entreculturas [logotipo]InteRed [logotipo]
   
Colabora  
     

© 2007-2009 Ayuda en Acción - Entreculturas - InteRed


Política de Privacidad
Aviso Legal Website